Entradas

Lecturas Violeta

Imagen
  Ao longo desta semana,  gracias a colaboración do equipo de dinamización da biblioteca do centro, estamos a compartir Lecturas Violetas na Hora de Ler, despois do recreo. Os axudantes de biblioteca de 5º curso de primaria, visitan estes días as aulas de infantil e 1º de primaria para compartir lecturas inspiradoras sobre igualdade e estereotipos de xénero. Aos peques encántanlles estes momentos compartidos cos maiores, moitas grazas rapaces! Estes días recibimos no centro, bibliografía sobre mulleres pioneiras galegas, da man dos membros de Polo Correo do Vento. Durante este mes de marzo, traballeremos nas aulas a algunhas destas grandes mulleres galegas, de diferentes ámbitos, científico, literario, artístico,… para logo poñer en común as actividades realizadas e darllas a coñecer a todo o alumnado do centro.

As mulleres do Flavia

Imagen
Con motivo da celebración do Día da Muller , as alumnas e alumnos do Flavia, quixeron adicarlles o día a todas as mulleres que forman parte da súa vida, nais, avóas, irmás, tías,… gracias a todas polo voso esforzo, traballo, coidado incondicional. Feliz Día da Muller!

Contacontos polo Día da Muller

Imagen
Hoxe o alumnado de 5º de infantil e 1º ciclo de primaria ,  recibimos no cole a Tania Solla e Quique Mauricio que viñeron a falar os sobre a vida de Maruja Mallo , unha das mellores pintoras galegas do surrealismo, con obras en moitos dos mellores museos do mundo. Despois de falarnos da súa vida e dalgunhas das súas obras mais representativas, fixemos todos xuntos un retrato de Maruja. Moitísimas grazas pola vosa visita! Encantounos o tempo compartido con vos!

Día contra a violencia de xénero

Imagen
Como todos os anos, as alumnas e alumnos do Ceip Flavia puxéronse mans á obra para expresar o seu rexeitamento cara a calquera tipo de violencia contra a muller. Partindo da temática do tema do centro para este curso "Flaviaxeiros", emprendemos "Unha viaxe cara un mundo mellor", actividade na que cada aula reflexionou sobre o destino da súa viaxe.