Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

Día Internacional da Muller

Imagen
C on  motivo da celebración do Día Internacional da Muller , o alumnado do Ceip Flavia, seguiu afondando no coñecemento e divulgación de mulleres relevantes da historia e tamén da actualidade galega. Durante o mes de marzo, cada aula traballou sobre unha muller galega , de calquera ámbito, científico, literario, artístico,.., da súa elección.  O traballo realizado quedou plasmado nestes preciosos carteis que quedaron expostos no acceso ao cole para que todos puideran velos. Moitas grazas pola vosa colaboración!

Os contos de Memi

Imagen
  Os contos de Memi… que sorte tiveron os alumnos de Infantil e 1º ciclo de primaria! Durante a mañá, recibimos á Fundación IgualArte, que nos trouxeron unha historia maravillosa sobre inclusión, respecto  e igualdade . Risos, alegría, música, arte,… todo isto enchiu o noso salón, para rematar cun obradoiro super chulo. Se queredes saber máis e xogar e divertirvos con Memi, premede na imaxe de Memi!

Lecturas Violeta

Imagen
  Ao longo desta semana,  gracias a colaboración do equipo de dinamización da biblioteca do centro, estamos a compartir Lecturas Violetas na Hora de Ler, despois do recreo. Os axudantes de biblioteca de 5º curso de primaria, visitan estes días as aulas de infantil e 1º de primaria para compartir lecturas inspiradoras sobre igualdade e estereotipos de xénero. Aos peques encántanlles estes momentos compartidos cos maiores, moitas grazas rapaces! Estes días recibimos no centro, bibliografía sobre mulleres pioneiras galegas, da man dos membros de Polo Correo do Vento. Durante este mes de marzo, traballeremos nas aulas a algunhas destas grandes mulleres galegas, de diferentes ámbitos, científico, literario, artístico,… para logo poñer en común as actividades realizadas e darllas a coñecer a todo o alumnado do centro.

As mulleres do Flavia

Imagen
Con motivo da celebración do Día da Muller , as alumnas e alumnos do Flavia, quixeron adicarlles o día a todas as mulleres que forman parte da súa vida, nais, avóas, irmás, tías,… gracias a todas polo voso esforzo, traballo, coidado incondicional. Feliz Día da Muller!

Contacontos polo Día da Muller

Imagen
Hoxe o alumnado de 5º de infantil e 1º ciclo de primaria ,  recibimos no cole a Tania Solla e Quique Mauricio que viñeron a falar os sobre a vida de Maruja Mallo , unha das mellores pintoras galegas do surrealismo, con obras en moitos dos mellores museos do mundo. Despois de falarnos da súa vida e dalgunhas das súas obras mais representativas, fixemos todos xuntos un retrato de Maruja. Moitísimas grazas pola vosa visita! Encantounos o tempo compartido con vos!